xoves, 6 de outubro de 2011

Funda de tarrañolas

Funda realizada para unhas tarrañolas de medidas 15cm. x 3,5cm.
Neste caso aplicamos unha técnica distinta á anterior funda que vos presentei. É un pouco mais laboriosa, xa que para darlle esa forma  utilizamos un molde no que metemos a peza de coiro previamente humedecida.

Está feita con pel de vaqueta en acabado natural e cosida á man.

Poden ir decoradas con algún troquel e personalizadas co nome. 




Tamén tendes a posibilidade encargala con outros acabados.