martes, 24 de xaneiro de 2012

Tarrañolas de aluminio

Tarrañolas realizadas en aluminio, cun son potente e peculiar.





venres, 13 de xaneiro de 2012

Carteira tradicional

Este traballo foi feito para unha persoa vinculada a música tradicional e vai con ferreña incluída.

Esta carteira é unha variación da última que vos ensinei, de medidas xeitosas para levar o imprescindible.
Agardo que vos guste. Se algunha pandereteira quere unha, xa sabe onde pedila.


O mesmo modelo en verde:


O mesmo modelo en horizontal:




Feitas en coiro de cabalo de primeira calidade e acabado e cor vermella e verde.


mércores, 11 de xaneiro de 2012

Moedeiros cadrados

Moedeiros de tamaño reducido, con fuelle, apropiado para levar nos petos. Todos van decorados con algún troquel.

Dous deles de 65x65 mm. e outro de 75x75 mm.





Feitas en coiro de cabalo de primeira calidade e acabado e cor marrón.