Nesta ocasión publico unha mostra de billeteira reducida, solicitada normalmente por homes e que queren levar o mínimo no peto.
Ten unhas medidas de pouco mais que unha tarxeta de crédito, pero con seis compartimentos para tarxetas e outro para os billetes.
Feitas en coiro de cabalo de primeira calidade e acabado e cor marrón (cordovan).




