mércores, 28 de decembro de 2011

Billeteiras e moedeiro

Hoxe ensínovos duas billeteiras e un moedeiro encargados para regalos de nadal.

 A diferencia entre as billeteiras é que nunha colócanse as tarxetas en vertical e noutra en horizontal, con seis compartimentos para tarxetas e un para billetes.

O moedeiro é de tamaño reducido, pero con fuelle, apropiado para levar nos petos.




Feitas en coiro de cabalo de primeira calidade e acabado e cor marrón.


mércores, 14 de decembro de 2011

Funda barrilete

Nesta ocasión fixen por encargo un traballo bastante curioso, unha funda para un barrilete de clarinete.


Realizado en coiro de cabalo de primeira calidade cun acabado en vermello.

venres, 25 de novembro de 2011

Carteira

Feita para persoas que só queren levar o imprescindible. Unhas moedas, algún billete e unha tarxeta.

Agardo que vos guste.




Carteira feitas en coiro de cabalo de primeira calidade cun acabado antigo.


Funda de baquetas

Esta funda, a diferencia das presentadas anteriormente, leva as baquetas no mesmo compartimento.
Nesta ocasión vai cun acabado que lle da ese aspecto de antigo, e fai que destaque o troquelado.
Está feita con pel de vaqueta, cosida á man.







mércores, 16 de novembro de 2011

Tarrañolas de pizarra + semifunda

Neste caso non só ven a funda de coiro, tamén ven o contido. Unhas tarrañolas de pizarra cun son peculiar e potente.



Prezo: 20 euros


Billeteira

Ten unhas medidas de 11,5 x 8,5 cm., ten seis compartimentos para tarxetas e un para billetes.





Carteiras feitas en coiro de cabalo de primeira calidade.


venres, 21 de outubro de 2011

Arnés para bombo-pratos

Arnés deseñado para tocar o bombo con pratos. Evita que este non se descoloque, aportándolle ó musico unha maior facilidade e comodidade para tocar.






Grupos que utilizan ou utilizaron este arnés: Cantigas e Agarimos, Malveiras, Tequexetéldere, Xochilmica, etc.
Está feito con correas de nylon e coiro de 5 cm. e axustable con fibelas.




Se queredes tamén unha correa para o plato, aquí tendes unha mostra.





venres, 7 de outubro de 2011

Carteira home

Cunhas de medidas de 10 x 8 cm., ten dous compartimentos para tarxetas, un para billetes e outro para moedas.

Neste modelo os cantos A e B van sen coser, a propia peza exterior voltea cara a dentro.




Neste modelo eses cantos van cosidos.



Carteiras feitas en coiro de cabalo de primeira calidade.


xoves, 6 de outubro de 2011

Funda de tarrañolas

Funda realizada para unhas tarrañolas de medidas 15cm. x 3,5cm.
Neste caso aplicamos unha técnica distinta á anterior funda que vos presentei. É un pouco mais laboriosa, xa que para darlle esa forma  utilizamos un molde no que metemos a peza de coiro previamente humedecida.

Está feita con pel de vaqueta en acabado natural e cosida á man.

Poden ir decoradas con algún troquel e personalizadas co nome. 




Tamén tendes a posibilidade encargala con outros acabados.





Funda de tarrañolas

Funda realizada para unhas tarrañolas de medidas 15cm. x 3,5cm.
O deseño está basado en algúns modelos de fundas para navallas, con cosido lateral e solapa tipo "cola de peixe" con broche.

Está feita con pel de vaqueta en acabado natural e cosida a man.







Funda de baquetas

Esta funda de baquetas está  especialmente deseñada para baquetas de tamboril.
Quedan moi ben axustadas e protexidas, xa que van separadas unha da outra.

Está feita con pel de vaqueta de cor negra e cosida á man.







martes, 27 de setembro de 2011

Funda de baquetas

Esta funda de baquetas está  especialmente deseñada para baquetas de tamboril.
Quedan moi ben axustadas e protexidas, xa que van separadas unha da outra.

Está feita con pel de vaqueta en acabado natural e cosida á man.