Arnés deseñado para tocar o bombo con pratos. Evita que este non se descoloque, aportándolle ó musico unha maior facilidade e comodidade para tocar.
Grupos que utilizan ou utilizaron este arnés: Cantigas e Agarimos, Malveiras, Tequexetéldere, Xochilmica, etc.
Está feito con correas de nylon e coiro de 5 cm. e axustable con fibelas.
Se queredes tamén unha correa para o plato, aquí tendes unha mostra.













