luns, 13 de maio de 2024

Funda Tamboril 2024

Funda tamboril para un peza moi especial. Elaborado en coiro de vaqueta de curtición vexetal en dúas cores.





venres, 29 de marzo de 2019

Funda desmontable 1+1

Peza de coiro de vaqueta a dúas cores que consta de 2 bolsos que se poden levar de maneira conxunta ou por separado. O bolso máis alto é para levar dúas requintas desmontadas e o outro bolso multiusos, levar a carteira, móbil, chaves, etc.


Ten un sistema se unión mediante un pasador de madeira de mongoy. Botóns dos peches a xogo coa mesma madeira.



mércores, 12 de setembro de 2018

mércores, 21 de decembro de 2016

Funda paus (Danza de paus)

Funda para uns 20 pares de paus, usados en danzas tradicionais en algunhas zonas de Galicia. Neste caso para que aprendan o nenos.

Feita en pel de cabalo con reforzos en vaqueta.






sábado, 6 de febreiro de 2016

Funda pínfano

Funda para un pínfano en Do e un segundo corpo en Sib.




Feita en coiro de vaqueta de primeira calidade en cor natural e fío de cor marrón.


luns, 23 de marzo de 2015

Funda Iphone 6

Funda híbrida coa carcasa plástica e coiro en ton natural.

Feita en coiro de cabalo de primeira calidade en cor natural e fío de cor marrón.


Tamaño reducido con inxerto

Carteira en pequeno formato, solicitada normalmente por homes e que queren levar o mínimo no peto.

Ten unhas medidas de pouco mais que unha tarxeta de crédito, pero con 4 compartimentos para tarxetas, outro para os billetes e o moedeiro.

Na parte exterior leva un inxerto en pel de cabra, sobrante dalgún montaxe dun tambor ou pandeireta que fan un bonito contraste coa cor marrón escuro predominante.




Feitas en coiro de cabalo de primeira calidade en cor marrón con fío da mesma cor.